Un día máis divertíndonos cos meus amigos de Parga!
Os pequenos de infantil tiveron unha introdución á baralla española, con xogos simples e que os axudaban a identificar os diferentes paos, figuras e números da baralla.
Mais outros nenos de primaria tamén se puideron divertir grazas aos xogos tradicionais de cartas, varios xa coñecidos por eles!
Ao final das nosas sesións esperábannos uns agasallos moi especiais: chaveiros de madeira cos nosos nomes feitos polo director do cole!
Fúmonos moi ledos e satisfeitos, e tendo claro que o mellor agasallo que nos puideron dar foi o apoio e a ilusión de todos, tanto perquenos coma grandes! Moitas grazas unha vez máis!




Comentarios
Publicar un comentario