O pasado venres, 27 de febreiro, démoslles unha visita aos alumnos de 5º e 6º de primaria do colexio Santo Estevo de Parga. Unha vez máis, presentamos o xogo do burro e o solitario en árbore. Para a sorpresa dalgúns de nós, estes pequechos xa tiñan moita experiencia con varios xogos de cartas, entre os cales mencionaban o tute e a brisca, que xogaban cos seus familiares (ata mencionaron bisavós!).
Os nenos recibíronnos cos brazos abertos e cheos de curiosidade, e acabaron desfrutando moito con estes xogos, celebrando as súas vitorias con gran entusiasmo.
A nosa misión era aprenderlles estes xogos aos nenos que non os coñecesen, mais os que aprenderon máis fomos nós, o voluntariado: este intercambio de xogos entre xeracións que buscamos estaba totalmente presente nas vidas destes pequenos, os cales non só pasan momentos de lecer cos seus avós e bisavós, senón que gañan recordos dos bos momentos que pasan con eles. Isto é o máis valioso, e o que van atesourar nas súas memorias.


Comentarios
Publicar un comentario