9 de marzo de 2026: Estimulación cognitiva coa baralla española no CEIP Lagostelle de Guitiriz

 O pasado luns 9 de marzo viñeron visitarnos á Escola Habanera os alumnos de 5º de primaria do CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz. Os nenos puideron aprender, se non os coñecían xa, os xogos da Escoba, o Cinquillo e o Burro, nos cales poden participar varios xogadores.

Unha vez máis, sorprendeunos o número de nenos que xa sabían algúns destes xogos, transmitidos maioritariamente polos seus avós. 



O nenos foron sempre moi participativos, e parece que desfrutaron moito deste tempo de lecer sen pantallas. Moitas grazas a todos por participar!



Comentarios