Mércores 11 de marzo: Strike! Bolos da Nintendo Switch cas usuarias do Centro de Día

 Comezamos a argallar coa Nintendo Switch! 

O mécores 11 de marzo decidimos achegarnos outra vez ao Centro de Día de Guitiriz, mais esta vez cun reto: aprenderlles ás usuarias a xogar á Nintendo Switch!

Ao principio, miraban o aparello con recelo; hai quen o coñecía polos seus netos, mias hai quen nunca tal cousa vira! Non obstante, escollemos un xogo simple, e que sabiamos que calquera persoa podería desfrutar: Os bolos do Nintendo Switch Sports. 



Coma sempre, comezaren é complexo (ata o foi para algúns dos nosos voluntarios!), sobre todo coñeces o funcionamento dos botóns do mando. Mais, pouco a pouco e con paciencia, parece que os nosos "alumnos" comezaron a desfrutar, e ata algún sacou a súa faceta máis competitiva!

Moitas grazas, unha vez máis, por xogar connosco!




Comentarios