Mércores 8 de abril: Baralla española coas alumnas de español do Concello de Guitiriz

O xogo entende de idiomas! 

O pasado mércores, 8 de abril, compartimos unha sesión de xogo coas mulleres estudantes de español, actividade levada polos Servizos Sociais do Concello de Guitiriz. 


As voluntarias aprendemos ás estudantes a xogar á Escoba española, pero nós tamén tivemos a sorte de aprender a xogar ao xogo de cartas máis coñecido de Marrocos!


Estas actividades, por moi simples que parezan, están pensadas para intercambiar coñecementos, lingua e, sobre todo, axudar a integrar ás nosas compañeiras na vida cultural da vila. Porque o idioma da amabilidade e da cercanía é universal, e non entende de barreiras culturais. 



¡Muchas gracias por jugar con nosotras, chicas! Esperamos poder repetir pronto. 💝




Comentarios