Que día tan divertido! O pasado venres, 10 de marzo, viñéronnos visitar á Casa Habanera os responsables do Museo do Videoxogo de Cangas do Morrazo, para falarnos da creación do videoxogo, ademáis de achegarnos unha mostra dalgunhas das primeiras videoconsolas. Acompañáronnos os alumnos de 5º de primaria do CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz.
Os nosos compas do cole estaban moi ilusionados de coñecer os comezos dalgúns dos xogos que coñecen, coma o Tetrix. Estiveron sempre moi atentos ás explicacións do responsable do MUVi, e fixeron preguntas moi interesantes!
Ao final da xornada chegou o momento que todos os pequechos estaban esperando: a proba destes videoxogos antigos! Aínda que algunhas videoconsolas triunfaron máis ca outras, coma a Xbox, todos os estudantes puideron probar todo tipo de aparellos e de videoxogos diferentes, e pasárono en grande (case tanto coma os adultos véndoos!).
Unha vez máis, mil grazas ao cole de Guitiriz por unirse aos nosos obradoiros. Coa colaboración de todos, podemos crear actividades así de chulas!

.jpg)
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario